As emisións netas de gases de invernadoiro reducíronse o 9,8% en 2024

As emisións netas (emisións brutas menos absorcións) diminuíron en Galicia durante 2024, malia o descenso das absorcións. As razóns foron o fin do carbón e un récord de produción hidroeléctrica. Con respecto a 1990, o descenso foi do 68,5%. A meta da Xunta para 2030 é chegar ao 75%.

As emisións de contaminantes atmosféricos crecen en 2024

As emisións de contaminantes atmosféricos (excluídos gases de invernadoiro) creceron en Galicia durante 2024, ano máis recente con datos. Con respecto a 1990, as emisións de gases acidificantes baixaron o 83,4% e as de gases precursores de ozono troposférico o 51,9%.

As emisións de gases de invernadoiro baixaron o 5,4% en 2024

O fin da xeración eléctrica con carbón e un ano record de produción hidroeléctrica fixeron que as emisións galegas de GEI baixasen o 5,4% en 2024, ano máis recente con datos oficiais. O estancamento da transición enerxética ameaza futuras reducións.

As emisións industriais de CO2 subiron o 3% en 2025

As emisións de gases de invernadoiro das industrias galegas obrigadas a participar no comercio europeo de emisións creceron o 3% en 2025. O incremento da actividade das centrais eléctricas de gas fósil e da planta de aluminio de San Cibrao foi a causa principal.

Un escenario enerxético ecoloxista para Europa

Alén de ser as siglas da Política Agraria Común, PAC tamén son as siglas en inglés de Paris Agreement Compatible (PAC). Un escenario enerxético-climático para Europa compatíbel co límite de 1,5ºC de aumento da temperatura global. Xurdiu da sociedade civil para deseñar unha transición enerxética rápida e xusta.

As emisións da produción eléctrica subiron en 2025

A maior actividade das centrais de ciclo combinado a gas fósil fixo que as emisións de gases de invernadoiro do sector eléctrico galego aumentasen un 10% en 2025. Con todo foron as segundas máis baixas das últimas cinco décadas. Supoñen un 15% das emisións totais de Galicia.

O Proxecto de Lei do Clima apenas reforzaría a loita climática

Coincidindo coa semana final da conferencia climática de Belém do Pará (COP 30), Greenpeace e OGACLI reclaman unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa. Cómpre unha folla de ruta clara para o abandono da enerxía fósil.

Como é o plan climático da Xunta para esta década?

O II Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima (PRIEC) 2030 carece de concreción nas medidas propostas e presenta importantes lagoas. Porén, aumenta a ambición na redución das emisións territoriais galegas de gases de invernadoiro para 2030, sen chegar ao obxectivo máis acorde co límite global dos 1,5°C.

O 17 de marzo é o Día da Depredación Enerxética

O 17 de marzo Galicia esgotou os recursos enerxéticos propios. O resto do ano usará enerxía fósil importada procedente maioritariamente do Sur global, dos Estados Unidos de América e de Rusia.