Nas seguintes páxinas preséntanse datos sobre as emisións territoriais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) causantes de cambio climático. Agás os relativos ao comercio de emisións, baséanse na desagregación para a comunidade autónoma de Galicia dos datos do máis recente Inventario español de GEI elaborado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica (Serie 1990-2020). Estes son os únicos datos oficiais actualizados sobre as emisións territoriais de GEI en Galicia.
A táboa cos datos para a serie 1990-2016 do Inventario español de GEI correspondentes a Galicia (en nomenclatura CRF) están dispoñíbeis na páxina web sobre cambio climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (consultada o 23 de xuño de 2022), mais non o da serie máis recente, 1990-2020. Esta é a que se debe ter en conta non só para as emisións de 2020 senón tamén para as de anos anteriores, pois cada ano revísanse os datos anuais desde 1990 para introducir melloras metodolóxicas, o que pode dar lugar a pequenos cambios.
A táboa cos datos de emisións para Galicia procedentes do inventario español de GEI do Ministerio para a Transición Ecolóxica está dispoñíbel na sección de documentos da nosa web. Entendemos que deberían figurar tanto na páxina web da Xunta como na do Ministerio.
Emisións de GEI en 2020 (Diagrama de Sankey)
Factores explicativos das emisións de GEI
Emisións suxeitas ao Réxime Europeo de Comercio de Emisións (RCDE)
Emisións de GEI do transporte aéreo e marítimo internacionais