Renovábeis térmicas

O consumo de calor renovábel está dominado pola combustión de biomasa.

A queima de biomasa para obter enerxía xera emisións de dióxido de carbono (contabilizadas “fóra do inventario oficial de emisións de gases de efecto invernadoiro”) e de contaminantes atmosféricos. Alén diso, compite con usos alternativos da biomasa que poden ter maior sentido ecolóxico, como a compostaxe. 

Os usos térmicos ascenderon a 1.829 ktep (36,4% do consumo de enerxía final) en 2024. As renovábeis de uso térmico só forneceron 457 ktep, mesmo incluíndo os residuos chamados renovábeis.

O decrecemento do consumo, o desenvolvemento das renovábeis térmicas (preferentemente das non emisoras) e a electrificación baseada en fontes renovábeis limpas son as vías principais para a descarbonización da obtención de calor.

O 71% da potencia ou capacidade de produción de calor renovábel está dominada pola biomasa.

A suma da solar térmica, a xeotermia e as bombas de calor representa só un 26% do total da potencia renovábel térmica.

Mentres a solar térmica recúa e a xeotermia de uso directo está estancada, as bombas de calor experimentaron un importante crecemento nos últimos anos. En 2024 superaron mesmo o crecemento da biomasa.

(Actualización: abril de 2026).

Unidades

Porcentaxe da solar térmica, a xeotermia e as bombas de calor sobre o total da potencia térmica renovábel (%).

Tonelada equivalente de petróleo (tep): enerxía equivalente á producida na combustión dunha tonelada de cru de petróleo.

Potencia: MWt (1.000 kWt).

Nota

Na produción das renovábeis térmicas non se inclúe a calor recuperada en centrais de coxeración que empregan biomasa. 

Fonte

Evolución da enerxía en Galicia. Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta.