O Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) é unha iniciativa cidadá cuxos obxectivos principais son contribuír a avaliar a acción climática de Administracións públicas e empresas en Galicia e fortalecer a conciencia social verbo da urxencia de actuar enerxicamente fronte á emerxencia climática global.
A tarefa principal do OGACLI é divulgar información rigorosa, integral e actualizada sobre a transición enerxética e a descarbonización en Galicia. Entendemos que, tanto a Xunta como o Ministerio de Transición Ecolóxica, fan un esforzo insuficiente para difundir entre a cidadanía a información que elaboran verbo da realidade da enerxía e as emisións de gases de invernadoiro en Galicia. O OGACLI pretende axudar modestamente a cubrir esa carencia.
O OGACLI é crítico e independente de administracións, empresas, institucións académicas ou organizacións políticas e sociais.
O Observatorio nace en 2022 a iniciativa de Xosé Veiras García, biólogo e activista climático, autor de diversos informes, artigos e capítulos de libros sobre a enerxía e acción climática en Galicia.
Contacto:
ogacli@gmail.com
658 670 027 (teléfono, telegram)