Home

Cara a neutralidade climática

¿Galicia está a reducir as súas emisións de gases causantes de cambio climático ao ritmo necesario?. A que distancia estamos de atinxir un sistema enerxético 100% renovábel?. Ofrecémosche os datos máis relevantes. E tamén contámoscho en poucas palabras.

Indicadores destacados

Emisións brutas de GEI

-42,2% con respecto a 1990 (2024)

Obxectivo 2030: -50%

Consumo enerxético

4,8 millóns de tep (2024)

Obxectivo 2030: 4,8 millóns de tep

Enerxías renovábeis

50,6% do consumo de enerxía final (2024)

Obxectivo 2030: 58%

Electrificación da economía

24 % do consumo de enerxía final (2024)

Obxectivo 2030: 35%

Noticias

  • As emisións netas de gases de invernadoiro reducíronse o 9,8% en 2024
    As emisións netas (emisións brutas menos absorcións) diminuíron en Galicia durante 2024, malia o descenso das absorcións. As razóns foron o fin do carbón e un récord de produción hidroeléctrica. Con respecto a 1990, o descenso foi do 68,5%. A meta da Xunta para 2030 é chegar ao 75%.
  • As emisións de contaminantes atmosféricos crecen en 2024
    As emisións de contaminantes atmosféricos (excluídos gases de invernadoiro) creceron en Galicia durante 2024, ano máis recente con datos. Con respecto a 1990, as emisións de gases acidificantes baixaron o 83,4% e as de gases precursores de ozono troposférico o 51,9%.
  • As emisións de gases de invernadoiro baixaron o 5,4% en 2024
    O fin da xeración eléctrica con carbón e un ano record de produción hidroeléctrica fixeron que as emisións galegas de GEI baixasen o 5,4% en 2024, ano máis recente con datos oficiais. O estancamento da transición enerxética ameaza futuras reducións.

O Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) é un observatorio cidadá crítico e independente para divulgar información sobre a transición enerxética e a acción climática.