A maior parte dos recursos enerxéticos usados pola economía galega son de orixe fósil e proceden do exterior. Galicia, como o conxunto de España e da UE, presenta unha elevada dependencia externa en termos de enerxía primaria.
A dependencia enerxética do noso país vese acentuada pola presenza dun potente sector enerxético fósil orientado en boa medida á exportación de enerxía final (produtos petrolíferos, electricidade,…) ao resto do Estado español e do mundo.
Desde 2005, a enerxía primaria importada supón un mínimo do 75% do total da enerxía primaria empregada en territorio galego .
A dependencia enerxética externa atinxiu o valor máximo (86%) en 2008, coincidindo co peche das minas de carbón das As Pontes e Meirama e a posta en funcionamento da regasificadora de Mugardos. En 2017 chegou ao 85%, por causa dun descenso moi acusado das precipitacións e, xa que logo, da produción hidroeléctrica.
(Actualización: xullo de 2022)
Unidade
Porcentaxe de enerxía primaria importada sobre o total da enerxía primaria usada (%)
Fonte
Balance enerxético de Galicia 2020. Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta.