As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia (1990-2020)
Informe do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI), baseado nos datos oficiais, no que se resume a información máis relevante sobre a evolución das emisións de gases causantes do cambio climático en Galicia no período 1990-2020.
Datos oficiais sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia (1990-2020)
Táboa coa desagregación territorial para Galicia do Inventario español de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (Serie 1990-2020). Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Transición enerxética e acción climática en Galicia. Preguntas frecuentes
Documento do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) no que se ofrecen respostas, de xeito breve e claro, a 15 preguntas fundamentais sobre a transición enerxética e a accion contra a crise climática en Galicia.
Premio de Narrativa Breve Repsol: un exemplo de “greenwashing”
A refinaría de petróleo de Repsol na Coruña, unha das maiores fábricas galegas de cambio climático, creou en 2010 un premio de novela curta en lingua galega. Un exemplo claro de lavado verde.
Manifesto “O Premio de Narrativa Breve Repsol é un exemplo de lavado verde
Manifesto promovido por Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, xunto co Observatorio Galego da Acción Climática, no que se denuncia operación de lavado verde que supón o premio literario creado pola refinaría da Coruña e se pide á Consellaría de Cultura que deixe de organizalo con Repsol.
As emisións de contaminantes atmosféricos en Galicia (1990-2020)
Informe do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI), baseado en datos oficiais, que contén a información máis destacábel sobre a evolución das emisións de gases acidificantes, de gases precursores do ozono troposférico e de partículas finas entre 1990 e 2020.
Datos oficiais sobre as emisións de contaminantes atmosféricos en Galicia (1990-2020)
Táboa coa desagregación territorial para Galicia do Inventario español de contaminantes atmosféricos (serie 1990-2020) para os anos 1990, 1995, 2000, 2005, 2010, 2015 e 2020. Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Axenda enerxética de Galicia 2030: unha folla de ruta incompleta cara a unha Galicia gris
Documento do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) no que se analizan criticamente diversos aspectos da Axenda Enerxética de Galicia 2030, a folla de ruta da Xunta de Galicia en materia de política enerxética para a presente década.
Día da Depredación Enerxética (2010-2020)
O Día da Depredación Enerxética é un concepto lanzado polo OGACLI. É o día do ano no que a demanda de recursos enerxéticos en Galicia iguala a produción de recursos enerxéticos renovábeis galegos. A partir dese día Galicia depende de enerxía fósil importada, procedente maioritariamente do Sur global. Neste informe calcúlase en que día aconteceu para cada ano do período 2010-2020.