As emisións de CO2 bioxénico proceden da combustión de biomasa, biocarburantes e residuos orgánicos. Por primeira vez, o inventario estatal de contaminantes atmosféricos ofrece datos destas emisións desagregados por comunidades autónomas. En Galicia ascenden a 3,3 millóns de toneladas.
Arquivo de categoría:Emisións GEI
A pesca de arrastre libera grandes cantidades de CO2 á atmosfera
A pesca de arrastre, ao remover os fondos mariños, acaba liberando dióxido de carbono (CO2) á atmosfera. Estas emisións duplicarían anualmente as asociadas á queima do petróleo usado por toda a frota pesqueira mundial. As augas galegas figuran entre as zonas con maiores emisións de CO2 por esta causa.
As emisións netas de gases de invernadoiro reducíronse o 9,8% en 2024
As emisións netas (emisións brutas menos absorcións) diminuíron en Galicia durante 2024, malia o descenso das absorcións. As razóns foron o fin do carbón e un récord de produción hidroeléctrica. Con respecto a 1990, o descenso foi do 68,5%. A meta da Xunta para 2030 é chegar ao 75%.
As emisións de gases de invernadoiro baixaron o 5,4% en 2024
O fin da xeración eléctrica con carbón e un ano record de produción hidroeléctrica fixeron que as emisións galegas de GEI baixasen o 5,4% en 2024, ano máis recente con datos oficiais. O estancamento da transición enerxética ameaza futuras reducións.
As emisións da produción eléctrica subiron en 2025
A maior actividade das centrais de ciclo combinado a gas fósil fixo que as emisións de gases de invernadoiro do sector eléctrico galego aumentasen un 10% en 2025. Con todo foron as segundas máis baixas das últimas cinco décadas. Supoñen un 15% das emisións totais de Galicia.
As emisións galegas de gases de invernadoiro baixaron o 7,5% en 2023
A recuperación da produción hidroeléctrica e a crise na industria metalúrxica (alúmina-aluminio, ferroaleacións) son as causas principais da redución do 7,5% nas emisións totais brutas de gases de invernadoiro en 2023, ano máis recente con datos.
A Coruña lidera as emisións galegas de gases de invernadoiro
O informe “As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2022)”, baseado nos datos oficiais máis recentes, analiza a evolución das emisións de gases de invernadoiro en cada unha das provincias galegas.
As emisións de gases de invernadoiro medraron o 2,5% en 2022
Segundo o máis recente inventario oficial, as emisións totais galegas de gases de invernadoiro volveron aumentar en 2022, impulsadas polo sector enerxético fósil e o transporte. Con respecto a 1990 baixaron o 33%, lonxe aínda do obxectivo teórico da Xunta de -55% para 2030.
As emisións de gases de invernadoiro aumentaron o 3,3% en 2021
O OGACLI presenta o informe “As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2021)”, baseado nos datos para Galicia extraídos do máis recente inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica. As emisións territoriais volveron aumentar en 2021, despois de tres anos consecutivos de descenso.
As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro creceron o 5% en 2022
As emisións das 40 industrias afectadas en Galicia polo Réxime Europeo de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) medraron o 5% en 2022 con respecto ao ano anterior. A causa principal foi a maior actividade das centrais térmicas de gas fósil e carbón e da refinaría.