As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro creceron o 5% en 2022

As emisións de gases causantes de cambio climático das 40 instalacións industriais afectadas en Galicia polo Réxime Europeo de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) medraron o 5% en 2022 con respecto a 2021.

A causa principal deste preocupante aumento das emisións industriais RCDE foi a maior actividade das centrais térmicas de gas fósil (ciclos combinaos) e carbón e máis da refinaría de petróleo, o que pon de manifesto a necesidade de acelerar a transición enerxética.

As industrias obrigadas a participaren no RCDE representan un 30% das emisións totais de gases de invernadoiro de Galicia. Pertencen a sectores industriais intensivos en emisións que son chaves no proceso de descarbonización.

O mercado europeo de emisións ten contribuído a reducir as emisións industriais desde a súa creación en 2005 mais nos últimos tres anos obsérvase unha tendencia á estabilización.

Evolución desigual por sectores industriais

A evolución das emisións por sectores en 2022 foi moi desigual. O da produción eléctrica, integrado polas centrais térmicas de gas fósil e carbón, aumentou as súas emisións en case 900.000 toneladas (+45%), nun ano marcado polo descenso da xeración renovábel por causa da seca e do estancamento na instalación de nova potencia renovábel. Supuxeron case a metade das emisións suxeitas ao RCDE en Galicia.

As emisións de gases causantes de cambio climático da maior industria enerxética galega, a refinaría de petróleo de Repsol na Coruña, medraron o 31% con respecto ao ano anterior, rozando o millón de toneladas. O refino de petróleo é o sector abranguido polo RCDE en Galicia con maiores emisións despois da produción eléctrica.

Pola contra, as emisións da industria siderúrxica e metalúrxica descenderon conxuntamente un 40%, para o que resultou decisivo a suba do prezo da enerxía.

A forte diminución das emisións do sector do aluminio  debeuse á parada da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao. Canto ao recorte das emisións na fabricación de aceiro e ferroaleacións, é atribuíbel á baixada da actividade das fábricas de Ferroatlántica en Sabón (parada en 2022 desde xuño) e de Xeal en Dumbría e Cee.

Tamén a alza do prezo da enerxía influíu na redución do 20% das emisións das instalacións de combustión e das centrais de coxeración en sectores industriais non contemplados especificamente no RCDE.

TOP 10 de grandes emisores

Os dez maiores emisores foron responsábeis conxuntamente do 85% das emisións industriais afectadas polo RCDE.

Encabezan a listaxe de grandes emisores catro industrias enerxéticas: a central de ciclo combinado (gas fósil) de Endesa nas Pontes, a refinaría de petróleo de Repsol   na Coruña, a central de carbón de Endesa nas Pontes e a central de ciclo combinado (gas fósil) de Naturgy en Sabón (Arteixo).

TOP 10 GRANDES EMISORES20212022
Central de ciclo combinado (gas fósil) das Pontes802.2101.225.482
Refinaría da Coruña759.603995.764
Central de carbón das Pontes520.748930.291
Central de ciclo combinado (gas fósil) de Sabón (Arteixo)641.675699.593
Planta de alúmina de San Cibrao (Cervo)646.733566.384
Planta de produción de hidróxeno de Meicende (Arteixo)168.196195.051
Fábrica de bioetanol de Teixeiro (Curtis)143.301127.710
Industrias del Tablero, S.A. (Intasa) (San Sadurniño)120.271121.808
Forestal del Atlantico (Mugardos)98.583108.051
Fábrica de ferroaleacións de Dumbría153.495102.255
Emisións de gases de invernadoiro en 2021 e 2022 das instalacións industriais galegas participantes no RCDE.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: