As emisións de gases de invernadoiro baixaron o 5,4% en 2024

O fin da xeración eléctrica con carbón e un ano record de produción hidroeléctrica fixeron que as emisións galegas de GEI baixasen o 5,4% en 2024, ano máis recente con datos oficiais. O estancamento da transición enerxética ameaza futuras reducións.

Un proxecto para a planificación municipal da mitigación climática

ARCA (Aproximación de Responsabilidades Climáticas Apropiadas) é un proxecto de investigación que ofrece aos concellos ferramentas para determinaren o seu compromiso climático. O proxecto estimou a pegada de carbono de cada concello. A de toda Galicia ascende a uns 28 millóns de toneladas (2024).

Un escenario enerxético ecoloxista para Europa

Alén de ser as siglas da Política Agraria Común, PAC tamén son as siglas en inglés de Paris Agreement Compatible (PAC). Un escenario enerxético-climático para Europa compatíbel co límite de 1,5ºC de aumento da temperatura global. Xurdiu da sociedade civil para deseñar unha transición enerxética rápida e xusta.

O Proxecto de Lei do Clima apenas reforzaría a loita climática

Coincidindo coa semana final da conferencia climática de Belém do Pará (COP 30), Greenpeace e OGACLI reclaman unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa. Cómpre unha folla de ruta clara para o abandono da enerxía fósil.

As emisións de GEI non se reducen polo plan climático da Xunta

A avaliación da Xunta do seu Plan de Enerxía e Clima 2019-2023 evidencia as carencias da política climática autonómica. A pesar diso, as emisións brutas galegas de gases de invernadoiro baixaron o 10,1% en 2019-2022. Foron chaves o colapso do carbón e a crise da industria metalúrxica, ignoradas na avaliación da Xunta. 

O 17 de marzo é o Día da Depredación Enerxética

O 17 de marzo Galicia esgotou os recursos enerxéticos propios. O resto do ano usará enerxía fósil importada procedente maioritariamente do Sur global, dos Estados Unidos de América e de Rusia.

As emisións de GEI da produción eléctrica galega caeron a un mínimo histórico en 2024

O abandono total do carbón e un ano moi bo para a produción hidroeléctrica fixeron caer as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) da produción eléctrica galega a un mínimo histórico.

As emisións de contaminantes atmosféricos crecen

As emisións de gases de invernadoiro, de gases precursores de ozono troposférico e de partículas medraron en 2022, mentres que as de gases acidificantes estabilizáronse. Transporte e sector agrario son as maiores fontes emisoras.

Evolución dos principais indicadores

Repasamos a evolución durante os últimos anos de catro importantes indicadores enerxéticos e de emisións de GEI en Galicia. En relación aos obxectivos propostos por Greenpeace e o OGACLI para 2030 no informe “Galicia, máis aló dos combustíbeis fósiles”.