A provincia da Coruña concentra o sector enerxético fósil en Galicia e Lugo e Ourense a potencia renovábel limpa. Só Ourense, en anos sen seca, xera electricidade limpa suficiente para desfosilizar o consumo enerxético. Na Coruña e en Pontevedra o déficit de electricidade limpa é enorme.
Arquivos de etiqueta:transición enerxética
A Coruña lidera as emisións galegas de gases de invernadoiro
O informe “As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2022)”, baseado nos datos oficiais máis recentes, analiza a evolución das emisións de gases de invernadoiro en cada unha das provincias galegas.
As emisións de gases de invernadoiro medraron o 2,5% en 2022
Segundo o máis recente inventario oficial, as emisións totais galegas de gases de invernadoiro volveron aumentar en 2022, impulsadas polo sector enerxético fósil e o transporte. Con respecto a 1990 baixaron o 33%, lonxe aínda do obxectivo teórico da Xunta de -55% para 2030.
As emisións industriais de gases de invernadoiro baixaron o 23,5% en 2023
A recuperación da produción hidroeléctrica e a caída da actividade da industria metalúrxica son as causas principais deste descenso.
Galicia esgota hoxe os seus recursos enerxéticos e pasa a depender o resto do ano de enerxía fósil importada
Este ano o 1 de abril é o Día da Depredación Enerxética, o día no que se esgotan os recursos enerxéticos galegos obxecto de aproveitamento.
A produción eléctrica renovábel en Galicia baixa nos nove primeiros meses de 2023
A xeración eléctrica renovábel diminuíu o 3% nos nove primeiros meses do ano en comparación coa produción media para o mesmo período rexistrada en 2018-2022. E a potencia instalada apenas medrou.
A central de carbón das Pontes apagouse
O 4 de outubro apagouse a central de carbón das Pontes. Nos seus 47 anos de vida lanzou á atmosfera uns 332,5 millóns de toneladas de CO2. Un impacto climático 17,4 veces maior que o de toda Galicia en 2021. Resumimos a súa historia.
O afundimento do carbón reduciu o consumo de combustibles fósiles o 31,2% desde 2016
O consumo galego de combustibles fósiles baixou o 31,2% entre 2016 e 2021. A razón principal foi a caída abrupta do uso do carbón na xeración eléctrica (-93,6%). No mesmo período o emprego de gas fósil creceu o 47,4% e o de produtos petrolíferos só baixou o 14,4%.
As emisións de gases de invernadoiro aumentaron o 3,3% en 2021
O OGACLI presenta o informe “As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2021)”, baseado nos datos para Galicia extraídos do máis recente inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica. As emisións territoriais volveron aumentar en 2021, despois de tres anos consecutivos de descenso.
Demandan unha Lei do Clima completa e ambiciosa
Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e o Observatorio Galego da Acción Climática consideran moi decepcionante o Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia que vén de se someter a consulta pública. Non está á altura das responsabilidades e capacidades de Galicia na loita contra a emerxencia climática global.