A Axenda enerxética de Galicia 2030 é a folla de ruta da Xunta en materia de enerxía para a presente década. Atrasa a neutralidade climática de 2040 a 2050 e non procura unha redución das emisións de gases de invernadoiro dun 65% en 2030, con respecto a 1990. Prevé unha diminución suave do consumo enerxético e un crecemento moderado das enerxías renovábeis.
Arquivos de etiqueta:transición enerxética
Aumentan as emisións de gases de invernadoiro da produción eléctrica galega
A xeración eléctrica renovábel baixou o 19% en 2022 con respecto ao ano anterior, mentres a fósil medrou o 26%. Como consecuencia, medraron notabelmente as emisións de gases causantes de cambio climático asociadas á produción de electricidade en Galicia, atinxindo uns 3,5 millóns de toneladas.
A transición eléctrica retrocede en Galicia durante 2022
2022 está a ser un ano de retroceso na transición cara a un sistema eléctrico 100% renovábel en Galicia. A produción renovábel diminuíu un 35% nos nove primeiros meses deste ano en relación ao mesmo período de 2021, debido á seca e ao estancamento da potencia renovábel. Pola contra, a fósil medrou un 25%.