Nun verán marcado polas consecuencias da crise climática, a petroleira Repsol, unha das súas maiores responsábeis, organizou, por décimo sexto ano, o Premio de Narrativa breve en lingua galega. Presentado en xuño, o fallo do xurado anunciouse para este mes de setembro.
Arquivos de autor:ogacli
As emisións galegas de GEI reducíronse o 35,9% entre 1990 e 2020
As emisións de gases de invernadoiro (GEI) de Galicia descenderon o 35,9% en 1990-2020. Foi debido sobre todo á desfosilización parcial do sector enerxético, que baixou as súas emisións en 11,5 millóns de toneladas (-78%).
A estratexia climática de Repsol non cumpre o Acordo de París
Repsol continúa a explorar novos xacementos e a impulsar novos proxectos de extracción. Prevé (non persegue) que a súa produción media de hidrocarburos durante esta década sexa só un 15% inferior á de 2019. E, por suposto, non fixou un ano, nin trazou un plan, para abandonar totalmente o petróleo e o gas.
Alcoa, a central de gas das Pontes e a refinaría foron os maiores emisores en 2021
O complexo industrial de alúmina-aluminio de Alcoa na Mariña luguesa, a central de ciclo combinado a gas fósil de Endesa nas Pontes (veciña da de carbón) e a refinaría de Repsol na Coruña encabezan a listaxe dos maiores emisores de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en territorio galego durante 2021.
Por unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda someteu en marzo de 2022 a unha consulta pública previa a Lei do Clima de Galicia. O Observatorio Galego de Acción Climática (OGACLI) presentou achegas para que a futura lei sexa realmente ambiciosa, propoñendo que incorpore osSeguir lendo “Por unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa”