O consumo galego de combustibles fósiles baixou o 31,2% entre 2016 e 2021. A razón principal foi a caída abrupta do uso do carbón na xeración eléctrica (-93,6%). No mesmo período o emprego de gas fósil creceu o 47,4% e o de produtos petrolíferos só baixou o 14,4%.
Arquivos de autor:ogacli
As emisións de gases de invernadoiro aumentaron o 3,3% en 2021
O OGACLI presenta o informe “As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2021)”, baseado nos datos para Galicia extraídos do máis recente inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica. As emisións territoriais volveron aumentar en 2021, despois de tres anos consecutivos de descenso.
Demandan unha Lei do Clima completa e ambiciosa
Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e o Observatorio Galego da Acción Climática consideran moi decepcionante o Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia que vén de se someter a consulta pública. Non está á altura das responsabilidades e capacidades de Galicia na loita contra a emerxencia climática global.
Suxestións ao Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia
O OGACLI presentou diversas suxestións ao Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia sometido a consulta pública pola Xunta. Precisamos unha lei climática máis completa e ambiciosa.
A produción das centrais de gas fósil apenas baixou no primeiro semestre de 2023
A produción das centrais de ciclo combinado a gas fósil en Galicia aumentou o 68% no primeiro semestre de 2023 con respecto ao mesmo período de 2018-2022 e tan só baixou un 4% en comparación con 2022, a pesar da recuperación da produción hidroeléctrica.
As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro creceron o 5% en 2022
As emisións das 40 industrias afectadas en Galicia polo Réxime Europeo de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) medraron o 5% en 2022 con respecto ao ano anterior. A causa principal foi a maior actividade das centrais térmicas de gas fósil e carbón e da refinaría.
A Estratexia Galega de Mobilidade apenas reduciría as emisións de gases de invernadoiro nesta década
A proposta da Estratexia Galega de Mobilidade (EGM) da Xunta pretende reducir tan só nun 10% as emisións de gases de invernadoiro do transporte nunha década crucial para evitarmos un quecemento global superior a 1,5 ⁰C. O OGACLI presentou alegacións á EGM durante o período de consulta pública.
Día da Depredación Enerxética: a partir do 14 de marzo Galicia depende de enerxía fósil importada
O OGACLI presenta o Día da Depredación Enerxética, un concepto que pretende visualizar a enorme dependencia da sociedade galega de enerxía fósil, importada maioritariamente do Sur global.
A Axenda enerxética 2030 da Xunta non cumpre o Acordo de París
A Axenda enerxética de Galicia 2030 é a folla de ruta da Xunta en materia de enerxía para a presente década. Atrasa a neutralidade climática de 2040 a 2050 e non procura unha redución das emisións de gases de invernadoiro dun 65% en 2030, con respecto a 1990. Prevé unha diminución suave do consumo enerxético e un crecemento moderado das enerxías renovábeis.
Aumentan as emisións de gases de invernadoiro da produción eléctrica galega
A xeración eléctrica renovábel baixou o 19% en 2022 con respecto ao ano anterior, mentres a fósil medrou o 26%. Como consecuencia, medraron notabelmente as emisións de gases causantes de cambio climático asociadas á produción de electricidade en Galicia, atinxindo uns 3,5 millóns de toneladas.