A desfosilización da produción eléctrica galega estáncase

A transición eléctrica non avanzou en Galicia durante 2023. A achega das fontes renovábeis non rompeu o teito do 75% da electricidade producida. E a xeración fósil non baixou dos 6.000 GWh.

Novo informe de Greenpeace e OGACLI mostra a dependencia galega de enerxía fósil

Coincidindo coa clausura do cumio climático que se celebra en Dubái (COP28), Greenpeace e o OGACLI publican o informe ‘Galicia, máis aló dos combustíbeis fósiles’, que analiza o estado da transición enerxética no noso país.