As emisións industriais baixaron o 23,7% en 2024

As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro suxeitas ao comercio europeo de emisións atinxiron un mínimo de 3,5 millóns de toneladas en 2024. Baixaron o 23,7% con respecto ao ano anterior. Peche da central de carbón das Pontes e elevada produción hidroeléctrica foron chaves.

O 17 de marzo é o Día da Depredación Enerxética

O 17 de marzo Galicia esgotou os recursos enerxéticos propios. O resto do ano usará enerxía fósil importada procedente maioritariamente do Sur global, dos Estados Unidos de América e de Rusia.

As emisións de GEI da produción eléctrica galega caeron a un mínimo histórico en 2024

O abandono total do carbón e un ano moi bo para a produción hidroeléctrica fixeron caer as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) da produción eléctrica galega a un mínimo histórico.

As emisións de contaminantes atmosféricos crecen

As emisións de gases de invernadoiro, de gases precursores de ozono troposférico e de partículas medraron en 2022, mentres que as de gases acidificantes estabilizáronse. Transporte e sector agrario son as maiores fontes emisoras.

Evolución dos principais indicadores

Repasamos a evolución durante os últimos anos de catro importantes indicadores enerxéticos e de emisións de GEI en Galicia. En relación aos obxectivos propostos por Greenpeace e o OGACLI para 2030 no informe “Galicia, máis aló dos combustíbeis fósiles”.

Os desequilibrios entre produción e consumo enerxético en Galicia

A provincia da Coruña concentra o sector enerxético fósil en Galicia e Lugo e Ourense a potencia renovábel limpa. Só Ourense, en anos sen seca, xera electricidade limpa suficiente para desfosilizar o consumo enerxético. Na Coruña e en Pontevedra o déficit de electricidade limpa é enorme.

A Coruña lidera as emisións galegas de gases de invernadoiro

O informe “As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2022)”, baseado nos datos oficiais máis recentes, analiza a evolución das emisións de gases de invernadoiro en cada unha das provincias galegas.

As emisións de gases de invernadoiro medraron o 2,5% en 2022

Segundo o máis recente inventario oficial, as emisións totais galegas de gases de invernadoiro volveron aumentar en 2022, impulsadas polo sector enerxético fósil e o transporte. Con respecto a 1990 baixaron o 33%, lonxe aínda do obxectivo teórico da Xunta de -55% para 2030.

Piden ao novo Goberno galego ambición nas políticas climáticas perante o estancamento da transición enerxética

O recente Balance enerxético de Galicia 2022 do INEGA confirma que a transición enerxética en Galicia vai moi lenta, o que lastra a mitigación da crise climática. Aumento da actividade da refinaría de petróleo e escaso crecemento da potencia renovábel marcaron 2022.