A Estratexia Galega de Mobilidade apenas reduciría as emisións de gases de invernadoiro nesta década

A proposta da Estratexia Galega de Mobilidade (EGM) da Xunta pretende reducir tan só nun 10% as emisións de gases de invernadoiro do transporte nunha década crucial para evitarmos un quecemento global superior a 1,5 ⁰C. O OGACLI presentou alegacións á EGM durante o período de consulta pública.

Día da Depredación Enerxética: a partir do 14 de marzo Galicia depende de enerxía fósil importada

O OGACLI presenta o Día da Depredación Enerxética, un concepto que pretende visualizar a enorme dependencia da sociedade galega de enerxía fósil, importada maioritariamente do Sur global.

A Axenda enerxética 2030 da Xunta non cumpre o Acordo de París

A Axenda enerxética de Galicia 2030 é a folla de ruta da Xunta en materia de enerxía para a presente década. Atrasa a neutralidade climática de 2040 a 2050 e non procura unha redución das emisións de gases de invernadoiro dun 65% en 2030, con respecto a 1990. Prevé unha diminución suave do consumo enerxético e un crecemento moderado das enerxías renovábeis.

Aumentan as emisións de gases de invernadoiro da produción eléctrica galega

A xeración eléctrica renovábel baixou o 19% en 2022 con respecto ao ano anterior, mentres a fósil medrou o 26%. Como consecuencia, medraron notabelmente as emisións de gases causantes de cambio climático asociadas á produción de electricidade en Galicia, atinxindo uns 3,5 millóns de toneladas.