As emisións industriais baixaron o 23,7% en 2024

As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro suxeitas ao comercio europeo de emisións atinxiron un mínimo de 3,5 millóns de toneladas en 2024. Baixaron o 23,7% con respecto ao ano anterior. Peche da central de carbón das Pontes e elevada produción hidroeléctrica foron chaves.

A central de carbón das Pontes apagouse

O 4 de outubro apagouse a central de carbón das Pontes. Nos seus 47 anos de vida lanzou á atmosfera uns 332,5 millóns de toneladas de CO2. Un impacto climático 17,4 veces maior que o de toda Galicia en 2021. Resumimos a súa historia.

As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro creceron o 5% en 2022

As emisións das 40 industrias afectadas en Galicia polo Réxime Europeo de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) medraron o 5% en 2022 con respecto ao ano anterior. A causa principal foi a maior actividade das centrais térmicas de gas fósil e carbón e da refinaría.

A refinaría da Coruña emite dúas veces máis gases de invernadoiro do recoñecido oficialmente?

Segundo Climate Trace, a refinaría de Repsol na Coruña emitiu 1,46 millóns de toneladas de gases de invernadoiro durante 2021. Esta cifra practicamente duplica o dato oficial. Sobrevalora Climate Trace o impacto climático da refinaría coruñesa ou infravalórao a contabilidade oficial? Ou acontecen ambas as dúas cousas á vez?.

Piden á Xunta que deixe de co-organizar o premio literario de Repsol

As organizacións ecoloxistas Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, xunto co Observatorio Galego da Acción Climática, denuncian nun manifesto a operación de “lavado verde” que supón o Premio de Narrativa Breve en lingua galega convocado por Repsol.

O Premio Narrativa Breve de Repsol é un exemplo claro de “greenwashing”

Nun verán marcado polas consecuencias da crise climática, a petroleira Repsol, unha das súas maiores responsábeis, organizou, por décimo sexto ano, o Premio de Narrativa breve en lingua galega. Presentado en xuño, o fallo do xurado anunciouse para este mes de setembro. 

A estratexia climática de Repsol non cumpre o Acordo de París

Repsol continúa a explorar novos xacementos e a impulsar novos proxectos de extracción. Prevé (non persegue) que a súa produción media de hidrocarburos durante esta década sexa só un 15% inferior á de 2019. E, por suposto, non  fixou un ano, nin trazou un plan, para abandonar totalmente o petróleo e o gas. 

Alcoa, a central de gas das Pontes e a refinaría foron os maiores emisores en 2021

O complexo industrial de alúmina-aluminio de Alcoa na Mariña luguesa, a central de ciclo combinado a gas fósil de Endesa nas Pontes (veciña da de carbón) e a refinaría de Repsol na Coruña encabezan a listaxe dos maiores emisores de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en territorio galego durante 2021.