As emisións de gases de invernadoiro, de gases precursores de ozono troposférico e de partículas medraron en 2022, mentres que as de gases acidificantes estabilizáronse. Transporte e sector agrario son as maiores fontes emisoras.
Arquivos de autor:ogacli
Evolución dos principais indicadores
Repasamos a evolución durante os últimos anos de catro importantes indicadores enerxéticos e de emisións de GEI en Galicia. En relación aos obxectivos propostos por Greenpeace e o OGACLI para 2030 no informe “Galicia, máis aló dos combustíbeis fósiles”.
Os desequilibrios entre produción e consumo enerxético en Galicia
A provincia da Coruña concentra o sector enerxético fósil en Galicia e Lugo e Ourense a potencia renovábel limpa. Só Ourense, en anos sen seca, xera electricidade limpa suficiente para desfosilizar o consumo enerxético. Na Coruña e en Pontevedra o déficit de electricidade limpa é enorme.
A Coruña lidera as emisións galegas de gases de invernadoiro
O informe “As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2022)”, baseado nos datos oficiais máis recentes, analiza a evolución das emisións de gases de invernadoiro en cada unha das provincias galegas.
As emisións de gases de invernadoiro medraron o 2,5% en 2022
Segundo o máis recente inventario oficial, as emisións totais galegas de gases de invernadoiro volveron aumentar en 2022, impulsadas polo sector enerxético fósil e o transporte. Con respecto a 1990 baixaron o 33%, lonxe aínda do obxectivo teórico da Xunta de -55% para 2030.
Piden ao novo Goberno galego ambición nas políticas climáticas perante o estancamento da transición enerxética
O recente Balance enerxético de Galicia 2022 do INEGA confirma que a transición enerxética en Galicia vai moi lenta, o que lastra a mitigación da crise climática. Aumento da actividade da refinaría de petróleo e escaso crecemento da potencia renovábel marcaron 2022.
As emisións industriais de gases de invernadoiro baixaron o 23,5% en 2023
A recuperación da produción hidroeléctrica e a caída da actividade da industria metalúrxica son as causas principais deste descenso.
Galicia esgota hoxe os seus recursos enerxéticos e pasa a depender o resto do ano de enerxía fósil importada
Este ano o 1 de abril é o Día da Depredación Enerxética, o día no que se esgotan os recursos enerxéticos galegos obxecto de aproveitamento.
A desfosilización da produción eléctrica galega estáncase
A transición eléctrica non avanzou en Galicia durante 2023. A achega das fontes renovábeis non rompeu o teito do 75% da electricidade producida. E a xeración fósil non baixou dos 6.000 GWh.
Novo informe de Greenpeace e OGACLI mostra a dependencia galega de enerxía fósil
Coincidindo coa clausura do cumio climático que se celebra en Dubái (COP28), Greenpeace e o OGACLI publican o informe ‘Galicia, máis aló dos combustíbeis fósiles’, que analiza o estado da transición enerxética no noso país.