Documentos

INFORMES SOBRE EMISIÓNS
As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia (1990-2023)

Informe, baseado nos datos oficiais, no que se resume a información máis relevante sobre a evolución das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia no período 1990-2023.

Informe que presenta os datos oficiais sobre as emisións de gases de invernadoiro en Galicia para cada unha das provincias.

Datos oficiais sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia (1990-2023)

Táboa completa e resumos da desagregación territorial para Galicia do Inventario español de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (Serie 1990-2023). Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Informe do OGACLI, baseado en datos oficiais, que contén a información máis destacábel sobre a evolución das emisións de gases acidificantes, de gases precursores do ozono troposférico e de partículas finas entre 1990 e 2022.

Táboas coa desagregación territorial para as provincias galegas do Inventario español de contaminantes atmosféricos (serie 1990-2022). Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Emisións de CO2eq en 2021, 2022, 2023 e 2024 (fase 4) das instalacións industriais galegas obrigadas a participaren no mercado europeo de emisións de gases de efecto invernadoiro.

INFORMES SOBRE A TRANSICIÓN ENERXÉTICA

Informe de Greenpeace e o Observatorio Galego da Acción Climática sobre a situación da transición enerxética en Galicia elaborado a partir de datos oficiais, procedentes principalmente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta. Decembro de 2023.

O Día da Depredación Enerxética é un concepto lanzado polo OGACLI en 2023. É o día do ano no que a demanda de recursos enerxéticos en Galicia iguala a produción de recursos enerxéticos renovábeis galegos. A partir dese día Galicia depende de enerxía fósil importada, procedente en grande medida do Sur global.

Análise do consumo de enerxía final en cada unha das provincias galegas e estimación a escala provincial do déficit de electricidade renovábel limpa necesaria para a desfosilización do consumo enerxético.

Documento do OGACLI no que se analizan criticamente diversos aspectos da Axenda Enerxética de Galicia 2030, a folla de ruta da Xunta de Galicia en materia de política enerxética para a presente década.

INFORMES DIVERSOS
Premio de Narrativa Breve Repsol: un exemplo de “greenwashing”

A refinaría de petróleo de Repsol na Coruña, unha das maiores fábricas galegas de cambio climático, creou en 2010 un premio de novela curta en lingua galega. Un exemplo claro de lavado verde, tal e como amosamos neste informe.

Manifesto “O Premio de Narrativa Breve Repsol é un exemplo de lavado verde

Manifesto promovido por Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, xunto co Observatorio Galego da Acción Climática, no que se denuncia operación de lavado verde que supón o premio literario creado pola refinaría da Coruña e se pide á Consellaría de Cultura que deixe de organizalo con Repsol.

ALEGACIÓNS
Alegacións á Estratexia Galega de Mobilidade da Xunta

Alegacións do OGACLI á proposta de Estratexia Galega de Mobilidade (EGM) da Xunta sometida a consulta pública en febreiro e marzo de 2023.

Suxestións ao Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia

Suxestións do OGACLI ao Anteproxecto de Lei do Clima de Galicia sometido a consulta pública pola Xunta de Galicia en xuño e xullo de 2023.