O Parlamento de Galicia vén de aprobar a Lei do Clima cos votos favorábeis do Partido Popular. Adianta o horizonte da neutralidade climática de 2050 a 2040 mais non establece unha folla de ruta para o abandono rápido da enerxía fósil.
Arquivos de autor:ogacli
As emisións da produción eléctrica subiron en 2025
A maior actividade das centrais de ciclo combinado a gas fósil fixo que as emisións de gases de invernadoiro do sector eléctrico galego aumentasen un 10% en 2025. Con todo foron as segundas máis baixas das últimas cinco décadas. Supoñen un 15% das emisións totais de Galicia.
O Proxecto de Lei do Clima apenas reforzaría a loita climática
Coincidindo coa semana final da conferencia climática de Belém do Pará (COP 30), Greenpeace e OGACLI reclaman unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa. Cómpre unha folla de ruta clara para o abandono da enerxía fósil.
Proxecto de Lei do Clima de Galicia: novidades e carencias
O Parlamento vai debater nos próximos meses o Proxecto de Lei do Clima de Galicia presentado pola Xunta. De non se introduciren melloras importantes, servirá de pouco para fortalecer a acción climática. O máis positivo é o adianto da meta da neutralidade climática ao horizonte do ano de 2040.
As emisións galegas de gases de invernadoiro baixaron o 7,5% en 2023
A recuperación da produción hidroeléctrica e a crise na industria metalúrxica (alúmina-aluminio, ferroaleacións) son as causas principais da redución do 7,5% nas emisións totais brutas de gases de invernadoiro en 2023, ano máis recente con datos.
Como é o plan climático da Xunta para esta década?
O II Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima (PRIEC) 2030 carece de concreción nas medidas propostas e presenta importantes lagoas. Porén, aumenta a ambición na redución das emisións territoriais galegas de gases de invernadoiro para 2030, sen chegar ao obxectivo máis acorde co límite global dos 1,5°C.
As emisións de GEI non se reducen polo plan climático da Xunta
A avaliación da Xunta do seu Plan de Enerxía e Clima 2019-2023 evidencia as carencias da política climática autonómica. A pesar diso, as emisións brutas galegas de gases de invernadoiro baixaron o 10,1% en 2019-2022. Foron chaves o colapso do carbón e a crise da industria metalúrxica, ignoradas na avaliación da Xunta.
As emisións industriais baixaron o 23,7% en 2024
As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro suxeitas ao comercio europeo de emisións atinxiron un mínimo de 3,5 millóns de toneladas en 2024. Baixaron o 23,7% con respecto ao ano anterior. Peche da central de carbón das Pontes e elevada produción hidroeléctrica foron chaves.
O 17 de marzo é o Día da Depredación Enerxética
O 17 de marzo Galicia esgotou os recursos enerxéticos propios. O resto do ano usará enerxía fósil importada procedente maioritariamente do Sur global, dos Estados Unidos de América e de Rusia.
As emisións de GEI da produción eléctrica galega caeron a un mínimo histórico en 2024
O abandono total do carbón e un ano moi bo para a produción hidroeléctrica fixeron caer as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) da produción eléctrica galega a un mínimo histórico.