A Coruña lidera as emisións galegas de gases de invernadoiro

O informe “As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia (1990-2022)”, baseado nos datos oficiais máis recentes, analiza a evolución das emisións de gases de invernadoiro en cada unha das provincias galegas.

As emisións de gases de invernadoiro medraron o 2,5% en 2022

Segundo o máis recente inventario oficial, as emisións totais galegas de gases de invernadoiro volveron aumentar en 2022, impulsadas polo sector enerxético fósil e o transporte. Con respecto a 1990 baixaron o 33%, lonxe aínda do obxectivo teórico da Xunta de -55% para 2030.

As emisións de gases de invernadoiro aumentaron o 3,3% en 2021

O OGACLI presenta o informe “As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2021)”, baseado nos datos para Galicia extraídos do máis recente inventario de emisións do Ministerio para a Transición Ecolóxica.  As emisións territoriais  volveron aumentar en 2021, despois de tres anos consecutivos de descenso.

As emisións industriais galegas de gases de invernadoiro creceron o 5% en 2022

As emisións das 40 industrias afectadas en Galicia polo Réxime Europeo de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) medraron o 5% en 2022 con respecto ao ano anterior. A causa principal foi a maior actividade das centrais térmicas de gas fósil e carbón e da refinaría.

Aumentan as emisións de gases de invernadoiro da produción eléctrica galega

A xeración eléctrica renovábel baixou o 19% en 2022 con respecto ao ano anterior, mentres a fósil medrou o 26%. Como consecuencia, medraron notabelmente as emisións de gases causantes de cambio climático asociadas á produción de electricidade en Galicia, atinxindo uns 3,5 millóns de toneladas.