Como é o plan climático da Xunta para esta década?

O II Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima (PRIEC) 2030 carece de concreción nas medidas propostas e presenta importantes lagoas. Porén, aumenta a ambición na redución das emisións territoriais galegas de gases de invernadoiro para 2030, sen chegar ao obxectivo máis acorde co límite global dos 1,5°C.

As emisións de GEI non se reducen polo plan climático da Xunta

A avaliación da Xunta do seu Plan de Enerxía e Clima 2019-2023 evidencia as carencias da política climática autonómica. A pesar diso, as emisións brutas galegas de gases de invernadoiro baixaron o 10,1% en 2019-2022. Foron chaves o colapso do carbón e a crise da industria metalúrxica, ignoradas na avaliación da Xunta.